domingo, 26 de septiembre de 2010

Tarde

cando xa non buscas cantar cancións, só escoitar diferentes sons alternativamente discontinuos que axudan a debuxar sobre un papel marrón as ideas que sobreveñen como zume de sandía.
Tan fresco, tan líquido e tan vermello.

onte foi unha tarde/noite vermella porque quizais houbese, por algún motivo descoñecido demasiada sangue. Per non doía. Aínda que pensándoo ben non chegou a ser de todo vermella, tamén houbo algún que outro toque de azul, dese azul mar que está ao outro lado da cidade, ese que tan poucas veces vemos.

estabas preciosa. Resúltame curioso chegar a pensalo así pero non é malo. Ao mellor débese a esa cor vermella que aínda levo na retina que tiñe o recordo. pero pensei que eras/estabas preciosa antes desta última tarde color sandía. Está claro que é esa coleta de medio lado con ese novo aire desaliñado. E estabamos dentro dun coche, quizais o momento menos indicado para pensalo, pero así son os pensamentos, sobrevéñenme en calqueira momento e sen ningún tipo de aviso previo.

e sorpréndome a min mesmo xogando a imaxinar "que pasaría se...?" Curioso xogo mental para o último fin de semana de vacacións.

descontextualizando todo e averiguando a facilidade de deixarse mecer polos acontecementos etílicos inexistentes que mediante unha fugaz observación nos levaron a decidir que nunha tarde de setembro co estómago cheo de xeado e perspectivas de noite peliculera tirando a mala con tintes color vermello sandía voaremos en breves cara un lugar bañado por outro mar que non é este en busca dunha vivencia nova por compartir porque a pesar do tempo transcorrido e as mil vivencias exprimidas ata límites sospeitados afrontaremos a fuxida con certa experiencia previa adquirida no cosquilleo no teu dedo anular e o meu sorriso de medio lado sabendo que nos quedan outras tantas situacións por atrapar ao voo e que ao mellor desta volta acabamos adiviñando o final do xogo de imaxinar

2 comentarios:

  1. Quizais este xogo de imaxinar, especialmente intenso,sexa algo que nos penetre de cando en cando, nos momentos menos esperados,a miúdo dunha forma máis reiterada do normal, e fai que nos volvamos ludópatas de algo con final incerto, pero curiosamente é ese sorriso de medio lado ou todo o que coñecemos e aínda descoñecemos o que nos induce a sumerxirnos sen ningún tipo de arnés.

    ResponderEliminar