martes, 4 de enero de 2011
Casualidades dun 3'14
que non preciso un 3'14 para enterarme que me gustas, que a televisión non me adianta pensamentos que eu tiña gardados, esperando a poñelos baixo esta chuvia que non cae aquí, cae alá. pero que é divertido que a bombilla de "pensar en" se encenda a cada instante que se petrifica cun aire xeado do norte. e facerche saber que un 3'14 por casualidades da programación decida acender esa bombilla e que me plantexe unha complexa aritmética que asusta, non por nova senón por coñecida. que sinto de súpeto e sen aviso, sen opción a que te preveñas, a que te protexas, porque non quero facer daño a pesar de pillarte coa armadura quitada amosando a túa pel. porque é moito máis divertido procurar no maremagnum audiovisual o anaco que me define por dentro como esa masa de barro brando e fresco que se modela a cada golpe de pau, que é infinitamente moito máis tentador facerche saber as cousas que dicirchas de pronto sobre todo agora que xa non paseas descalza polas miñas costas degustando o sabor dun aloumiño apaixoado, agora que a bombilla volta a acenderse con cada perforación corporal, cada xel de améndoas, cada frío sen choiva, cada frío con sol, cada anaco frío da cama, cada parte de algodón que fai nada acariñaba esa pel sen armadura, porque cando ti máis eu loitamos facémolo corpo a corpo, como animais.e sen empregar maiúsculas, para que non podamos diferenciarnos, nin puntos e seguidos para quedarnos sen alento ocórreseme dicirche que estaría xenial que estiveras aquí debaixo, aquí encima, aquí a un lado, aquí xa, aquí agora, aquí despacio e rápido e con tempo e a oscuras e aquí con velas e sen elas e na miña cama e aquí na túa e aquí con fame e sen ela e quero que estés aquí para recorrerte cada ángulo obstuso do teu corpo, aquí para memorizar as túas entrañas e aquí porque si porque quero unha batalla corpo a corpo en toda regra.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario