martes, 29 de diciembre de 2009

Cambio de rumbo

Cun golpe de temón decido reorientar a vida... que inxenuo, non si? ata pode que sone a un deses típicos tópicos de propósitos de aninovo...pero para nada, vén de máis atrás, de antes.

Se me poño a recordar semella que me perdo na memoria, xa non sei canto tempo hai que pensaba o que penso.


Se realmente algunha vez pensei así.
Se antes pensaba doutro xeito.
Se antes, sinxelamente, PENSABA....


Non é cuestión de dubidar, creo que máis ben e cuestión de replantexar. Haberá que empezar paseniñamente.
Crear vidas paralelas. Ser UN e VARIOS a un tempo.

EmPEZAr...REempeZAR...REfaCeR...ReCAEr
CAMBIAR....RECAMBIAR//raibmacer...raibmac





E quen sabe, se me deixan, fuxir a Nevers (por exemplo)


Máis nada!
Unha aperta imperceptibel!

No hay comentarios:

Publicar un comentario