Se me poño a recordar semella que me perdo na memoria, xa non sei canto tempo hai que pensaba o que penso.
Se realmente algunha vez pensei así.
Se antes pensaba doutro xeito.
Se antes, sinxelamente, PENSABA....
Non é cuestión de dubidar, creo que máis ben e cuestión de replantexar. Haberá que empezar paseniñamente.
Crear vidas paralelas. Ser UN e VARIOS a un tempo.
EmPEZAr...REempeZAR...REfaCeR...ReCAEr
CAMBIAR....RECAMBIAR//raibmacer...raibmac
E quen sabe, se me deixan, fuxir a Nevers (por exemplo)
Máis nada!
Unha aperta imperceptibel!



