viernes, 25 de febrero de 2011

Definíndote

Es a miña praia preferida de Santiago, ou polo menos unha acumulación de dunas douradas polo sol que entra por esa ventá que xa é túa para que, segundo ti, non bote de menos o mar.
Es o silencio cómodo no que non fai falta falar con palabras porque a través do tacto mantemos conversas de horas, porque podemos escoitar as nosas peles falar se estamos calados.
Es escoitar a Marwan en plena mañá e saber que te recorda a un cantautor irlandés que eu che amosei.
Es un un antídoto relativizador, máis que necesario para o meu ser, que cumpre a función de achegarme á realidade a pesar de terme envolto nunha burbulla.
Es ese calor que durme ao meu carón independentemente da cama na que nos atopemos.
Es ese calofrío que recorre as vértebras empañadas dos cristais de madrugada.
Es cada unha das 24 horas do día que nos acompañan, así como tamén cada hora e media que fai que a apetencia medre expoñencialmente.
Es algo novo que chegou de súpeto desbaratando o meu desorde para encamiñalo cara a indeterminación da man da mellor compaña.
Es, para min, en cada un dos teus ángulos

sábado, 5 de febrero de 2011

Anunciándonos entre nós

Dormitamos horas entre bicos e caricias, anoamos os nosos ángulos de forma estraña, contrastamos a cor da nosa pel, fomentamos a preguiza, alentamos ao hedonismo, pospoñemos as obrigas, deshidratamos esencias, bengastamos o tempo, alimentamos esperanzas, excitamos ao insomnio e regalamos fiestras.

Todo a cambio do módico prezo dun bico colocado entre a inmortalidade e a insoportable levedade do ser.

jueves, 20 de enero de 2011

Encántame:

... que dous corpos se separen tan só pola distancia dunha pestana
... que batallar corpo a corpo sexa sempre unha aventura
... que tan só sexa necesario comer unha vez ao día para subsistir
... que faga frío e sol
... que durmir antes de comer sexa unha boa idea
... que pensar sen sentidos sexa a 2ª mellor cousa que se poda facer
... que o valente non quite o cortés
... que se perda a noción do tempo
... que doa a cabeza de pracer
... que as maniotas sexan compartidas
... que beber_te apague a sede
... que sexa xaneiro
... Ser e Estar

viernes, 7 de enero de 2011

Sensentidosaparentes

frío, sol, ti, tempo, distancia, eu, lonxe, tren, frío de novo con sol e nubes de choiva, probar, beber, sudar, dehidratar, bromas, horas internet, tempo, neve, viaxe, escapar, fuxir Oporto, caricia, contraste, ollos iris pupilas, verdes, pelo longo e flequillo novo, voltar, reencontro, mans, pés, caricias, camas destartaladas, descolocadas, silenciosas, espello espellos, rflexo, desapreces, volves e vés, chegas, atopámonos, diversión, olvido, sexo, cóxega, bágoa, confesión, noite, escuro, luces de neón, pérdida do sentido mentres bebemos cervexa, cena, velas, calor, mantas, silencio, ruidos, encontros fortuítos e pensamos, eras outra diferente á de agora, dous decembro, noite, mensaxes, pensamentos, luz de pensar en... "eres mis muchas primeras veces".

Para quen de improviso chegou, viu e venceu de parte de outro alguén perdido, sorprendido e feliz.

martes, 4 de enero de 2011

Casualidades dun 3'14

que non preciso un 3'14 para enterarme que me gustas, que a televisión non me adianta pensamentos que eu tiña gardados, esperando a poñelos baixo esta chuvia que non cae aquí, cae alá. pero que é divertido que a bombilla de "pensar en" se encenda a cada instante que se petrifica cun aire xeado do norte. e facerche saber que un 3'14 por casualidades da programación decida acender esa bombilla e que me plantexe unha complexa aritmética que asusta, non por nova senón por coñecida. que sinto de súpeto e sen aviso, sen opción a que te preveñas, a que te protexas, porque non quero facer daño a pesar de pillarte coa armadura quitada amosando a túa pel. porque é moito máis divertido procurar no maremagnum audiovisual o anaco que me define por dentro como esa masa de barro brando e fresco que se modela a cada golpe de pau, que é infinitamente moito máis tentador facerche saber as cousas que dicirchas de pronto sobre todo agora que xa non paseas descalza polas miñas costas degustando o sabor dun aloumiño apaixoado, agora que a bombilla volta a acenderse con cada perforación corporal, cada xel de améndoas, cada frío sen choiva, cada frío con sol, cada anaco frío da cama, cada parte de algodón que fai nada acariñaba esa pel sen armadura, porque cando ti máis eu loitamos facémolo corpo a corpo, como animais.e sen empregar maiúsculas, para que non podamos diferenciarnos, nin puntos e seguidos para quedarnos sen alento ocórreseme dicirche que estaría xenial que estiveras aquí debaixo, aquí encima, aquí a un lado, aquí xa, aquí agora, aquí despacio e rápido e con tempo e a oscuras e aquí con velas e sen elas e na miña cama e aquí na túa e aquí con fame e sen ela e quero que estés aquí para recorrerte cada ángulo obstuso do teu corpo, aquí para memorizar as túas entrañas e aquí porque si porque quero unha batalla corpo a corpo en toda regra.

martes, 28 de diciembre de 2010

Matemática e Fisicamente

Apaciguando un espazo para que me permita a través dos diferentes ángulos e cristais memorizar cada un dos teus gustos, desexos e apetencias.

Recompoñendo a distancia que media entre dous corpos separados unha distancia X para conseguir apreciar e aprender a valorar e saborear os defectos e imperfeccións que aproximan aos corpos.

Retrotraendo o tempo presente para participar neses despistes que provocan a perda dun billete de tren nunha estación de pedra na que chove e se pasea.

Sumando eses xogos de sedución, poñerte e quitarte un antifaz. Facer que de non pasar nada chegue a pasar un case todo no preciso instante no que os nosos ángulos máis obtusos deciden colisionar facendo un ruído de ondas batendo nas rochas enchendo o aire de arrecendo a sal a auga e ao teu xabón preferido que descansa na pequena repisa do teu baño polo que case non entra máis que a primeira raiola da mañá, nunha mañá esgotada pero ilusionada de escoitarnos neses longos silencios cómodos cálidos.

E todo por conseguir que a ecuación da casualidade elevada á potencia do inesperado e multiplicado pola raíz cadrada do levemente premeditado poda igualarse ao resultado final de: Felicidade.

lunes, 27 de diciembre de 2010

Silencios cómodos

Gústame malgastar o tempo da noite anotando parvadas que ao día seguinte podan parecer algo máis interesantes que o simple feito de dicir que te botaba de menos.

Un tempo na noite que parece que pasa máis lento cando escribes e non dumres e non pensas só deixas que os pensamentos se deformen e desdebuxen en forma de letras mal escritas a escuras.

Estar agora escribindo e perder un pensamento para despois recuperalo e querer deixalo moi claro antes de que desapareza para sempre: o tempo de noite cando estamos os dous pasa moito máis rápido do que eu quixera. E agora te boto de menos pero é un botar de menos raro, ou se cadara é así como teñen que ser os botar de menos pero xa non me lembraba de como eran.
E gústame escoitar a túa voz e gustaríame ter falado longo e tendido sobre nada, sobre cousas parvas da vida sen sentido e planeo de anteman unha borracheira (non de sono) na que te conte mil cousas absurdas, angulosas e transparentes facendo que cando as escoites teñas ganas de bicarme ás escuras como estou escribindo eu agora... pero para iso haberá que esperar... e quero facer locuras e quero facelas contigo quero que me propoñas un sen sentido e eu dicir que si dándome igual e fuxir a algures, marchar sen ter rumbo desconectando da cidade que nos coñece que ten os nosos ritmos sabidos de memoria e os nosos tempos tamén sabidos. Un lugar con antifaces por todas partes pero sabernos ismplemente con mirarnos, recoñecernos, xogar contigo á locura dun desenfreno inmediato e deshidratante.