Es a miña praia preferida de Santiago, ou polo menos unha acumulación de dunas douradas polo sol que entra por esa ventá que xa é túa para que, segundo ti, non bote de menos o mar.
Es o silencio cómodo no que non fai falta falar con palabras porque a través do tacto mantemos conversas de horas, porque podemos escoitar as nosas peles falar se estamos calados.
Es escoitar a Marwan en plena mañá e saber que te recorda a un cantautor irlandés que eu che amosei.
Es un un antídoto relativizador, máis que necesario para o meu ser, que cumpre a función de achegarme á realidade a pesar de terme envolto nunha burbulla.
Es ese calor que durme ao meu carón independentemente da cama na que nos atopemos.
Es ese calofrío que recorre as vértebras empañadas dos cristais de madrugada.
Es cada unha das 24 horas do día que nos acompañan, así como tamén cada hora e media que fai que a apetencia medre expoñencialmente.
Es algo novo que chegou de súpeto desbaratando o meu desorde para encamiñalo cara a indeterminación da man da mellor compaña.
Es, para min, en cada un dos teus ángulos
viernes, 25 de febrero de 2011
sábado, 5 de febrero de 2011
Anunciándonos entre nós
Dormitamos horas entre bicos e caricias, anoamos os nosos ángulos de forma estraña, contrastamos a cor da nosa pel, fomentamos a preguiza, alentamos ao hedonismo, pospoñemos as obrigas, deshidratamos esencias, bengastamos o tempo, alimentamos esperanzas, excitamos ao insomnio e regalamos fiestras.
Todo a cambio do módico prezo dun bico colocado entre a inmortalidade e a insoportable levedade do ser.
Todo a cambio do módico prezo dun bico colocado entre a inmortalidade e a insoportable levedade do ser.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)